miércoles, 1 de abril de 2009

susotupa Conde de Carabandu...(Conectado)escribió:

susotupa Conde de Carabandu...
http://www.orquestavenezia.com
Os invito a visitar esta web. Un saludo.

sábado, 17 de noviembre de 2007




" CHISPAS ", farto de ver coches para arriba e para abaixo.

" CHISPAS " , difrutando da paixase.



" A FIESTRA " parte 1

A fiestra da cal lles falo e unha mais das moitas que podemos encontrar en Galiza, abarca todo ancho da cociña, ( uns catro metros), está mirando o sur, de maneira que cando o sol asoma por encima da Aldea de Corme, por enriba do Monte de Balarés salpica os seus raios da luz nos cristáis dibuxando no teito un abraiante arco da vella, que nunca me fixéi a que se debía porque as cousas fermosas hai que disfrutar délas sen máis; xa que si intentas indagar corres o risco de que se perda a emoción e o pracer do disfrute da estampa que te asombra; ( eso pasa na TV cando ves un programa donde explican como se rodó unha película, ésta, logo perde parte da maxia que puxo o seu creador)( ¿ qué sería da maxia si souperamos os trucos que fai o mago?, non tería ningún interés a sua actuación)... O sol percorre o largo do día toda a fronte da casa, hasta mergullarse no mar por detrás das últimas casas de Corme, non sin antes bañar de cor vermello todo Laxe e afundirse nas profundidades do Atlántico.
Asomado a fiestra podes ver toda a entrada da estrada que conduce dende Ponteceso a Corme ata curva da ponte do Río D'Arnela, con unhas vistas sorprendentes: todo Vila García, parte da práia do Osmo, o monte da Ermida, os montes de Balarés, a Illa da Estrela, parte da ribeira de Cabana de Bergantiños, todo monte A Serra e os primeiros edificios que dan o paseo marítimo.
Non fai moitos anos, ( ou si !?), vías pasar polas mañás as mulleres que baixaban da Aldea, coas suas cestas na cabeza, cheas de froitos da sua colleita, e o leite que ían repartindo as encargas que tiñan en Corme. Os venres o día da feira era toda unha procesión de mulleres pola mañán cedo, moi cedo, baixaban de Juxín, Gondomil, Forxán, Brantuas, Niñóns,... todas cargadiñas de froitos que logo vendían na Praza do Pan; e chegadas a unha ou duas do medio día, logo da venda de coellos, galos, galiñas, ovos, nabizas, repolos, patacas, allos , cebolas, perexel, leitugas, leite, queixo, manteiga, figos, mazans , ameixons e todo o que te poidas imaxinar, todo cultivado nas suas casas na aldea; regresaban cos paquetes e "as cousas pra casa" que mercaban cos cartos que fixeran na praza, nos comercios de Corme, antes máis numerosos e abundantes que oxe en día... Oxe todo eso se resume en coches para arriba coches para abaixo.

Pero a istoria que teño que contar de esta fiestra a deixo para outro día.